Golpe ao narcotráfico en Ferrolterra cunha decena de detidos no campamento dos Chaquetas
Despregouse un amplo operativo das unidades de intervención da Policía Nacional por terra e por aire

Unha operación policial antidroga no campamento dos Chaquetas, en Ferrol remata con máis de dez detidos. Permanecerán na comisaría de Ferrol-Narón ata que pasen a disposición xudicial, o que podería suceder o luns.
As unidades de intervención policial participaron na redada, cun amplo despregamento de medios que incluíu un helicóptero.
O asentamento dos Chaquetas está situado detrás da nave de Decathlon, polo que a presenza de vehículos e furgóns policiais na zona espertou a curiosidade dos que ían á tenda de deportes.
O lugar converteuse nun dos focos principais de venda de droga no norte de Galicia. O paso pola zona de xente que vai mercar estupefacientes intensíficase durante a fin de semana.
Unha das redadas máis importantes no asentamento realizouse hai dez anos en 2013 con 16 detidos e a aprehensión de 120 gramos de cocaína.