Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arde unha granxa de polos na parroquia de Lea, en Friol

Arde unha granxa de polos na parroquia de Lea, en Friol

O lume provoca máis de 15.000 euros en danos nunha nave da explotación avícola

Félix Aragunde 02/05/2022 12:59

Nunha explotación avícola das Casas dos Galiñeiros, na parroquia friolesa de Lea, tiñan todo preparado para recibir unha nova remesa de pitos, pero non puido ser debido a un incendio.

Foi o dono da granxa quen se decatou de que estaba a arder e o primeiro en botarlle auga cunha mangueira. Deseguido, chegaron os efectivos de Protección Civil de Friol e tres dotacións dos bombeiros de Vilalba, que traballaron durante unha hora na extinción das lapas.

José Manuel Lourés, dono da explotación avícola: "Díxenlles que o lume estaba no chan e co fume que había eu non podía entrar e eles si. Entón eles miraron cunha cámara térmica e viron que o lume estaba en tres ou catro puntos e que o ían apagar. Portáronse ben".

Segundo o dono da explotación, a contía dos danos na nave supera os 15.000 euros. A isto hai que engadir as perdas derivadas de non poder criar polos durante arredor dun mes e medio.

José Manuel Lourés: "Pero que se lle vai facer. Moitas perdas, reparar todo o que ardeu e a seguir loitando".

Polo de agora, descoñécense as causas do incendio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade