Cargando resultados...
Indemnizan con 740.837 euros un motorista accidentado na N-120 en Quiroga
Tras sete anos e 27 cirurxías, a Audiencia Nacional obriga o Ministerio de Transportes ao non ver acreditados os estándares de seguridade da vía

G24.gal
19/08/2024 12:54
Un motorista accidentado na nacional 120 ao seu paso por Quiroga vai recibir unha indemnización de 740.000 euros do Ministerio de Transportes.
A Audiencia Nacional obriga a indemnizalo por un accidente ocorrido en 2017 cando o motorista perdeu o control da moto nun adiantamento ao topar cun madeiro tirado na calzada e acabar atropelado por dous turismos.
A sentenza non considera acreditados os estándares de seguridade da vía. Debido ás secuelas, o home leva 27 intervencións cirúrxicas desde aquela e quedou incapacitado laboralmente.