Cargando resultados...
Ingresa no cárcere o mozo que agrediu un xornalista de "La Voz" en Pontevedra
Está a ser investigado polos delitos de homicidio en grao de tentativa, atentado a axentes da autoridade, danos e lesións

G24.gal
15/07/2023 18:06
Última actualización 16/07/2023 08:40
A titular do Xulgado de Instrución número 3 de Pontevedra acordou o ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianza para o mozo que entrou este venres na redacción de La Voz de Galicia en Pontevedra e agrediu un xornalista.
O detido, que atacara en 2015 o entón presidente do Goberno Mariano Rajoy, está a ser investigado polos delitos de homicidio en grao de tentativa, atentado a axentes da autoridade, danos e lesións.