Cargando resultados...
Intoxicadas dúas persoas no incendio dun apartamento en Oleiros
Foron ingresadas no CHUAC con síntomas agudos por inhalación de fume
G24.gal
16/04/2022 19:38
Unha parella de Oleiros ingresou no complexo hospitalario universitario da Coruña (CHUAC) con síntomas agudos de intoxicación por inhalación de fume, tras o incendio declarado no seu apartamento, situado no concello de Oleiros.
O lume, que afectou á cociña, non deixou danos materiais importantes, pero si unha fumareda intensa que se estendeu con moita rapidez e alarmou a veciñanza.
Os bombeiros do municipio extinguiron o lume e ventilaron todo o edificio de apartamentos no que se atopaba o inmoble afectado.