Cargando resultados...
Jessica Bouzas comeza arrasando no US Open
Superou a primeira eliminatoria gañándolle con claridade á croata Martic

G24.gal
27/08/2024 23:24
A vilagarciá Jessica Bouzas comezou con forza a súa andaina no US Open. Superou a primeira eliminatoria derrotando con claridade e contundencia a croata Martic, á que non lle deixou ningunha opción. Só lle fixeron falta dous sets, e no segundo non concedeu ningún xogo (6-3, 6-0).
A segunda eliminatoria está prevista para o xoves e a súa rival será dun nivel superior. Agarda a británica Boulter, número 31 no ranking do Aberto dos Estados Unidos.