Cargando resultados...
Jordan Davis deixa de pertencer ao Breogán
O escolta participara en sete partidos mediando 5,6 puntos

G24.gal
29/11/2024 15:32
O escolta Jordan Davis xa non é xogador do Río Breogán. O xogador e o club decidiron separar os seus camiños e anularon o contrato. Davis foi unha das fichaxes desta temporada. Xogou sete partidos nos que acreditou 5'6 puntos en 15 minutos.
O seu destino será o Menorca, na Primeira Feb, onde agarda ter máis minutos e protagonismo, algo do que non gozou en Lugo do xeito que pretendía. Jordan Davis era coñecedor da Liga ACB á que chegou en 2019 con participación no Baxi Manresa e no UCAM Murcia.