Cargando resultados...
Máis de 700 persoas detidas na quinta noite de disturbios en Francia
O Goberno galo asegura que foi unha velada "máis acougada"

G24.gal
02/07/2023 09:00
Última actualización 02/07/2023 09:12
Polo menos 719 persoas foron detidas e 45 policías quedaron feridas na quinta noite consecutiva de disturbios en Francia pola morte dun adolescente a mans dun policía. Segundo o Goberno galo foi unha velada "máis tranquila" que as precedentes.
"Noite máis acougada grazas á acción resolta das forzas da orde, que efectuaron 427 detencións desde o comezo da velada", sinalara o ministro do Interior francés Gérald Darmanin a través da súa conta de Twitter ás tres da madrugada.
Ás oito da mañá, as cifras foron actualizadas pola súa carteira, que elevou o total de detencións da noite a 719, mentres que o día precedente á mesma hora informara de 994 (posteriormente elevadas a 1.311).
