Cargando resultados...
Manifestación contra ENCE en Pontevedra
A Asociación pola Defensa da Ría e o Goberno local queren recuperar a praia
G24.gal
25/06/2023 14:14
Última actualización 25/06/2023 14:44
A Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra volveuse hoxe manifestar contra a presenza de ENCE na ría. Malia as decisións políticas e xudiciais, este colectivo e moitos outros de Pontevedra non renuncian a recuperar a praia na que se asenta a fábrica e o banco marisqueiro que, segundo din, era un dos mellores da ría.
Confían en que a xustiza e as institucións europeas confirmen o que eles consideran a ilegalidade da ampliación da concesión, tal como xa fixeron con outras moi semellantes noutros países europeos como Italia.