Medio Rural crea unha liña de axudas de 5,4 millóns pola enfermidade hemorráxica epizoótica
As subvencións van dirixidas tanto ás indemnizacións polos animais falecidos como para previr a expansión desta patoloxía
Máis de dous millóns de euros para as organizacións de produtores pesqueiros
O Consello da Xunta aprobou este luns lanzar unha nova liña de axudas de 5,4 millóns de euros destinadas ás explotacións gandeiras a causa da enfermidade hemorráxica epizoótica (EHE).
As subvencións van dirixidas tanto para paliar as consecuencias desta patoloxía debido ao falecemento dos animais como para previr a súa expansión.
No caso da morte de reses os gandeiros recibirán entre 400 e 1.600 euros por animal sacrificado. As achegas referidas á prevención irán destinadas ao pagamento de custos dos tratamentos veterinarios, vacinas, ou desinfección, e serán de 20 euros por animal e ata un máximo de 4.000 euros por explotación.
Axudas aos produtores pesqueiros
O Goberno galego deu ademais luz verde ás axudas destinadas a organizacións de produtores pesqueiros e de acuicultura de Galicia. Serán dous millóns de euros, que teñen como obxectivo financiar os seus plans de producción e comercialización. Estas achegas alcanzarán o 75% dos gastos acreditados polas entidades beneficiarias