Cargando resultados...
Morre atropelado un home en Castroverde cando ía cambiar unha roda do coche
O sinistro ocorreu este venres sobre as seis e media da tarde

G24.gal
13/12/2024 20:15
Última actualización 13/12/2024 20:50
Un home pereceu atropelado este venres cando se dispuña a cambiar a roda do seu vehículo.
O accidente tivo lugar sobre as seis e media da tarde na LU-530 ao seu paso pola parroquia da Frairía, en Castroverde.
O 112 Galicia recibiu o aviso a través dunha chamada dun particular.
A vítima baixara do seu coche para cambiar unha roda picada e, nese momento, foi atropelada por outro turismo.
Neste operativo interviñeron o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Os sanitarios desprazados á zona non puideron facer nada para salvarlle a vida.