Morre un home de 81 anos atropelado por un camión en Pontedeume mentres daba marcha atrás
O accidente produciuse arredor das 11:40 da mañá deste mércores á altura de Vilar

Emerxencias 112 Galicia informa do falecemento dun home de 81 anos no concello coruñés de Pontedeume. O home morreu tras ser atropelado por un camión mentres daba marcha atrás.
O accidente produciuse sobre as 11:40 da mañá nunha pista rural da zona de Vilar, precisamente detrás do cuartel da Garda Civil.
Ata o lugar desprazáronse os servizos de emerxencia, que xa non puideron facer nada por salvarlle a vida.
🔴 #AXEGAInforma dun varón falecido ao ser alcanzado por un camión que retrocedía cando circulaba á altura de Vilar, en #Pontedeume.
— 112Galicia (@112Galicia) December 28, 2022
O equipo sanitario nada puido facer por salvarlle a vida. Ata o lugar tamén acudiron os axentes da @guardiacivil. de Tráfico. pic.twitter.com/5vZQ8vsmLN