Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un home en Navia de Suarna tras caer co seu coche nun barranco de 10 metros

Morre un home en Navia de Suarna tras caer co seu coche nun barranco de 10 metros

O accidente rexistrouse a pasada medianoite na estrada LU-P-3507, que une a Pobra de Navia coas Covas, nas proximidades da ermida de San Vicenzo de Castañedo

 

 

G24.gal 22/12/2024 10:26

Unha persoa morreu este domingo de madrugada tras precipitarse co seu coche por un barranco de 10 metros na localidade lucense de Navia de Suarna.

A vítima quedou atrapada no interior do vehículo e tivo que ser rescatada polos Bombeiros de Sarria. O coche saíuse da vía cando circulaba pola LUP-3507, ao paso por Mosteiro, en Navia de Suarna.

Foi un particular o que alertou do suceso cando faltaban uns minutos para a unha desta madrugada. Indicaba que o vehículo descendera por un desnivel profundo duns 10 metros e que había xente dentro.

Con esta información, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Sarria, así como dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico.

Os efectivos do parque comarcal encargáronse de liberar á vítima, que quedou atrapada tras o impacto e morreu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade