Cargando resultados...
Morre un motorista de Cambados nun accidente de tráfico
O home perdeu o control da moto e chocou contra un noiro

G24.gal
30/05/2024 21:49
Un veciño de Cambados de 40 anos morreu este xoves ao perder o control da moto que conducía.
O sinistro produciuse a primeira hora da tarde na parroquia de Treboedo, en Vilanova de Arousa.
O home perdeu o control do vehículo e acabou chocando contra un talude.
🔴 #AXEGAInforma dun motorista falecido
— 112Galicia (@112Galicia) May 30, 2024
📍 Adega da Igrexa, Tremoedo, #Vilanova
▶️ Malia que foi evacuado consciente, finalmente, faleceu no hospital
🚨 Urxencias Sanitarias de Galicia-061, @guardiacivil de Tráfico, Policía Local, Protección Civil pic.twitter.com/zRmM20hJDX