Cargando resultados...
Morre un mozo de 22 anos nun accidente de moto en Pantón
O sinistro produciuse ao chocar a motocicleta que conducía contra un camión

G24.gal
05/05/2023 18:44
Un mozo de 22 anos de idade morreu esta tarde nun accidente coa motocicleta que conducía no municipio lucense de Pantón, informa este venres a Garda Civil.
A vítima, identificada coas iniciais S.D.R., residente en Monforte de Lemos, faleceu ao chocar contra un camión.
O sinistro produciuse arredor das seis menos vinte desta tarde no quilómetro 543,7 da estrada N-120, que discorre entre Logroño e Vigo, no termo municipal de Pantón.