Morre un septuaxenario tras caer co seu coche por un terraplén de 80 metros en Quiroga
O accidente foi o sábado pero non localizaron o turismo ata que uns compañeiros de caza do home que vivía só o botaron de menos este domingo pola mañá

Os bombeiros rescataron este domingo o cadáver dun home de 73 anos ao día seguinte de caer co seu coche por un barranco duns 80 metros na LU-P-5001 no lugar de Vilarmel, entre Ponte Barreiro e Vilarbacú.
O turismo caeu por un terrraplén duns 80 metros. O falecido, veciño de Quiroga era o único ocupante do turismo. O accidente foi o sábado, pero como o home vivía só en Vilarmel, unha zona rural con poucos veciños, ninguén o botou en falta ata este domingo pola mañá.
Foron os seus compañeiros dun grupo de cazadores os que se deron conta de que algo pasaba e deron o aviso. A estrada na que se rexistrou a saída da vía é moi sinuosa.
Ata o lugar do accidente desprazáronse efectivos das Urxencias Sanitariasde Galicia-061, os bombeiros de Monforte, do GES de Quiroga e de Protección Civil e mais axentes da Garda Civil de Tráfico para investigar as circunstancias do accidente e regular a circulación na zona.
🔴 #AXEGAInforma do falecemento dunha persoa ao sufrir unha saída de vía en Quiroga.
— 112 Galicia (@112Galicia) November 17, 2024
📍 Lugar Vilarmel.
➡️ O vehículo caeu por un terraplén duns 80 metros.
🚨 Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Monforte, GES de Quiroga, @guardiacivil e Protección Civil. pic.twitter.com/xgsFCoZ70S