Na Feira do Poldro de Muras xuntáronse máis de cincocentos cabalos de monte
Nesta ocasión non houbo presenza de gando vacún, por mor enfermidade hemorráxica epizoótica e pola lingua azul
A cita, que celebra a súa 36 edición, está recoñecida como Festa de Interese Turístico galego
No concello de Muras o protagonista foi este domingo o poldro. Centos de persoas participaron nunha festa declarada de interese turístico galego que enxalza a tradición da gandería extensiva e que promociona a carne deste animal.
Os cabalos que participan na feira pasan o ano ceibos no monte. No alto da Gañidoira, ao pé da estrada e en plena serra do Xistral, reúnense preto de cincocentos cabalos.
Desta volta non hai vacas, como medida preventiva ante a presencia da enfermidade hemorráxica epizoótica e pola lingua azul. Con todo, o evento que celebra a súa 36 edición continúa sendo unha referencia.