Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán cae ante o UCAM Murcia

O Breogán cae ante o UCAM Murcia

Un mal segundo cuarto dos lucenses (23-9) encarrilou o partido para os murcianos

Simon Birgander foi a estrela do partido e desterrou calquera opción breoganista

G24.gal 16/11/2024 20:15 Última actualización 16/11/2024 21:22

O Río Breogán non tivo opcións ante un UCAM Murcia que encadea cinco vitorias consecutivas. Despois de vencer ao Barça a semana pasada no Pazo, os de Veljko Mrsic estiveron moi errados no día de hoxe. Os lucenses comezaron un pouco mellor no primeiro cuarto do partido (15-17) grazas a unha boa actuación de Jordan Sakho.

Con todo, o segundo cuarto foi o que castigou por completo os breoganistas. Os murcianos melloraron en defensa e fixeron que os de Lugo estiveran case seis minutos sen anotar un só punto. O UCAM Murcia foise ao descanso con doce puntos de vantaxe e obrigou a que o Breogán tivera que arriscar nos últimos cuartos. Os de Mrsic melloraron ofensivamente no terceiro grazas a un inspirado Charlie Moore, pero non foi suficiente para acurtar distancias, nin canto menos mantelas, xa que os pementoneiros fóronse ao último cuarto cun contundente 60-43.

Os breoganistas quixeron reaccionar nos últimos dez minutos de partido. Un parcial de 0-10 fixo dubidar aos murcianos, pero despois dun tempo morto de Sito Alonso adentráronse de novo no encontro, reaccionaron e fixeron imposible calquera opción de remontada lucense.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade