Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán perde a Aranitovic por unha rotura na fascia plantar

O Breogán perde a Aranitovic por unha rotura na fascia plantar

A evolución do xogador marcará o prazo de recuperación, que pode ser superior a un mes

G24.gal 15/01/2025 12:25

Malas novas para o Río Breogán, que pode perder o aleiro Alexandar Aranitovic para as vindeiras semanas. O xogador notou un problema no pé e non puido rematar o partido do pasado domingo diante do Leyma Coruña. Os doutores realizaron as pertinentes probas e o xogador sofre unha rotura parcial da fascia plantar, a membrana que recobre o seu pé. 

O tempo de recuperación non está determinado e dependerá da evolución que teña no propio xogador. O serbio estaba pasando polo mellor momento da temporada despois dun inicio en que lle custou entrar na dinámica do equipo. Desde a chegada de Luis Casimiro subira as súas medias  a 10,4 puntos e aumentara as súas porcentaxes no tiro de tres, que foron case dun 50 %. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade