Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán trae a Arturs Kurucs para suplir a Somogyi

O Breogán trae a Arturs Kurucs para suplir a Somogyi

O escolta letón estaba a contar pouco no UCAM Murcia

G24.gal 16/01/2025 22:40

O Río Breogán segue a recompoñer o seu equipo neste mercado de xaneiro. O húngaro Adam Somogyi, que non contou para Mrsic e tiña poucos minutos con Casimiro, deixa o club. Para substituílo a dirección deportiva apostou por un xogador que coñece a ACB e que tampouco estaba contento en UCAM Murcia. Trátase de escolta letón Arturs Kurucs, xogador de 193 e 24 anos. 

A presenza de Kurucs na súa estrea co UCAM non estaba a ser boa (8 minutos, 1'9 puntos por partido). Veu a España con 15 anos a carón do seu irmán Rodions e formouse en Baskonia. Con 19 anos volveu ao seu país para xogar no Riga cedido. En 2023 rematou o seu periplo en Baskonia e probou a aventura en Grecia no Promitheas Patras. O seu último equipo foi o murciano onde volveu a coincidir co seu irmán. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade