O conselleiro de Facenda considera prioritaria a reforma do modelo de financiamento autonómico
Miguel Corgos esixe a repartición equitativa do déficit entre todas as Administracións e claridade nos pactos bilaterais sobre financiamento do Goberno con Cataluña
Outra das prioridades para Miguel Corgos son os presupostos galegos para 2024, que se aprobarán a vindeira semana no Parlamento autonómico
Tras a reunión esta semana do Consello de Política Fiscal e Financeira, o conselleiro de Facenda destacou na Radio Galega que a reforma do modelo de financiamento autonómico é unha das súas prioridades.
Miguel Corgos esixe a repartición equitativa do déficit entre todas as Administracións e claridade en relación aos pactos bilaterais sobre financiamento do Goberno con Cataluña.
"O que quero é que non se negocie de xeito bilateral, que se traten todos os temas en conxunto co resto de comunidades autónomas, non queremos ser máis ca ninguén, pero tampouco menos e non o imos consentir", dixo o conselleiro.
Outra das prioridades para Miguel Corgos son os presupostos galegos para 2024, que se aprobarán a vindeira semana no Parlamento autonómico, uns orzamentos de 13.257 millóns de euros, os máis altos da historia de Galicia.
"Son uns orzamentos consistentes, que teñen un endebedamento cero, ten un incremento de gasto do 5%. Son os orzamentos máis altos da comunidade autónoma, que precisa Galicia nestes intres para impulsar e economía e a estabilidade", engadiu.
O conselleiro destacou, ademais, que a estimación de crecemento do PIB en Galicia no peche deste ano será do 1,8 % e a estimación será do 1,9 % en 2024.
