Cargando resultados...
O Ensino pecha o equipo para a próxima temporada co regreso de Bea Sánchez
Xogou no equipo lugués hai tres temporadas

G24.gal
08/06/2023 12:16
Última actualización 08/06/2023 12:38
Volve Bea Sánchez a Galicia. Asina polo Duran Maquinaria Ensino onde xogou hai tres temporadas. Antes estivo no Baxi Ferrol. A temporada pasada xogou no Araski de Vitoria.
É unha pivote de 33 anos. Participou no mundial de 2018 coa selección española. Con esta incorporación, o Ensino pecha o equipo para a próxima temporada.