Cargando resultados...
O Liceo comeza a segunda volta cunha clara vitoria en Alcoi
Xaus e Carballeira volveron liderar a ofensiva do conxunto liceísta
G24.gal
19/01/2025 10:50
O Deportivo Liceo conseguiu a vitoria na pista do PAS Alcoi na primeira xornada da segunda volta. Triunfo de mérito porque o Alcoi estaba a ser unha das sorpresas na OK Liga. Unha vez máis botáronse o equipo ás costas César Carballeira e Arnau Xaus.
Despois dun primeiro tempo sen goles o cadro liceísta sorprendeu ao inicio do segundo tempo con dous tantos nos primeiros tres minutos. O resultado quedou encamiñado e sentenciou o Liceo nos últimos catro minutos. Xaus colócase como máximo goleador da competición con 16 goles.