Cargando resultados...
O Liceo derrota pola mínima ao Lleida en Riazor e segue de segundo
G24.gal
26/01/2025 14:28
E na OK Liga o Deportivo Liceo logrou un traballado triunfo ante o Lleida no Pazo dos Deportes de Riazor. Un a cero foi o resultado a prol do equipo coruñés, que vai continuar na segunda praza da táboa con 33 puntos.
O único gol do partido chegou no minuto dez da primeira metade. E foi todo un golazo. Marcouno o arxentino Fabrizio Ciocale, quen, cun gran disparo, logrou superar o gardameta visitante Martí Zapater. Con ese resultado mantívose a incerteza ata os últimos segundos do encontro. As intervencións de Martí Serra e un bo trallo defensivo dos de Juan Copa foron chave para que o Liceo sumase os tres puntos.
O vindeiro xoves os liceístas reciben o Valongo na Liga Europea en partido que veremos na nosa segunda canle.