Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo remata a primeira volta na segunda posición

O Liceo remata a primeira volta na segunda posición

A vitoria en Voltregá (1-3) e a derrota do Reus permítellse aos de Juan Copa recuperar unha posición

G24.gal 12/01/2025 15:16

Na OK Liga terminou a primeira volta. O Deportivo Liceo gañou na súa visita ao Voltregá por un gol a tres. O partido, disputado en Mollet del Vallés polo peche por sanción da pista de San Hipolit, mantivo a emoción ata o final.

No descanso gañaba o Liceo por un a dous, logo dos goles de Arnau Xaus e César Carballeira para o equipo coruñés. Ese marcador mantívose ata os últimos segundos do encontro. Co Voltregá atacando sen porteiro, o Liceo sentenciou co terceiro gol logrado por Nil Cervera.

Tras este triunfo e a derrota do Reus ante o Barça, os de Juan Copa rematan a primeira volta na segunda praza con 27 puntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade