Cargando resultados...
O rei reúnese co comisionado da UNRWA, logo de que varios países lle suspenderan o financiamento
Philippe Lazzarini visita España para agradecer o apoio no sostemento da axencia das Nacións Unidas para os refuxiados palestinos

G24.gal
08/03/2024 15:06
Filipe Vi reuniuse na Zarzuela co representante da UNRWA. Philippe Lazzarini visita España para agradecer o apoio do país nun momento complicado para o organismo, do que dependen seis millóns de palestinos.
Varios países suspendéronlle o apoio financeiro logo de que Israel denunciara que unha ducia de empregados da axencia estaban implicados nos atentados do 7 de outubro. Lazzarini advertiu que non hai probas destas acusacións, e sostén que o goberno israelí quere desmantelar a UNRWA.