Os bombeiros tardan catro horas en sufocar as lapas dun incendio nun alboio en Catoira
No interior do pendello había abondoso material inflamable e madeira
A vivenda non sufriu danos e os donos tampouco tiveron que ser atendidos.

Incendio na parroquia de Dimo, en Catoira. Os bombeiros tardaron case catro horas en sufocar as lapas que arrasaron un alboio próximo a unha casa. A vivenda non sufriu danos e os donos tampouco tiveron que ser atendidos.
No interior do pendello había abondoso material inflamable e madeira, polo que houbo momentos en que os equipos de extinción se enfrontaron a unhas lapas con moita forza. Entre o almacenado había unha caixa dun camión isotermo que quedou calcinada.
Na extinción participaron as dotacións de bombeiros de Vilagarcía e Ribadumia, o GES de Padrón, Protección Civil de Catoira e a Garda Civil, que investiga a orixe do lume.