Os equipos galegos non poden facer nada na VII Bandeira Cidade da Coruña
Os equipos galegos, nos tres últimos, pero hai galegos nos ganadores
A tarde non comezou da mellor maneira para os galegos na Bandeira da Cidade da Coruña. O Club de Remo Cabo de Cruz acadaban a sexta posición, mentres que o equipo galego de Moaña, a Sociedade Deportiva Tirán, quedou última nesta carreira, quedando a apenas uns segundos das sétimas clasificadas, o Hibaika Jamones Ancin. As campionas da VII Bandeira Cidade da Coruña foi o equipo vasco Club de Remo Olímpico Donostia Arraun Lagunak, equipo no que está a natural da Pobra, Alejandra Ríos e a de Cangas Beatriz Piñeiro.
Despois dos pobres resultados acadados polos equipos galegos na proba feminina, chegaba a quenda dos equipos galegos masculinos, o Club de Remo Cabo de Cruz e o Club de Mar Bueu. O resultado foi o mesmo, últimos e terceiros pola cola, en último lugar o C.M. Bueu e terceiro pola cola o C.R. Cabo de Cruz. Alzouse coa vitoria o Bermeo Urdaibai, o súper equipo desta tempada que loitará por romper o récord de 13 vitorias nun ano. Este equipazo conta nas súas filas con Alberto Vidal do Grove, Diego Pérez de Bueu e David Iglesias tamén do Grove.