Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un incendio reduce a cinsas a sede do Club de Remo da Pobra

Un incendio reduce a cinsas a sede do Club de Remo da Pobra

G24.gal 05/01/2025 22:57

Un incendio producido este domingo ao serán calcinou a sede do Club de Remo da Pobra. Non había ninguén dentro pero todo o material da entidade perdeuse. Traiñeiras, traiñeiriñas, bateis e todo o ximnasio quedou estragado nunha xornada negra para un dos históricos do remo galego. 

O club, fundado no 1979, é un dos históricos do remo galego. Conseguiu disputar varias clasificatorias da Bandeira da Concha e un play off de ascenso á Liga Euskolábel. Destaca polo seu traballo coas categorías inferiores nunhas instalacións que sufriron unha completa remodelación no ano 2013.

Haberá que agardar para facer un balance final unha vez rematen o traballo os bombeiros -houbo catro dotacións traballando intensamente- pero a perda de todo o material vai ser un golpe moi duro para a entidade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar