Diploma olímpico para Caetano Horta
O padexeiro noiés e Dennis Carracedo quedan en segunda posición na final B de dobre scull lixeiro
A parella española finaliza a súa participación olímpica entre as 8 mellores

Caetano Horta quedaba fóra da loita polas medallas hai dous días. Xunto coa súa parella, Dennis Carracedo, non lograron meterse entre os tres mellores tempos da súa semfinal. Pero a súa participación olímpica non rematou aí.
O padexeiro galego competiu esta mañá na final B da modalidade de dobre scull lixeiro, onde podía acadar aínda un diploma olímpico. Horta e Carracedo comezaban a proba en cabeza sendo a embarcación máis rápida nos primeiros 1000 metros. Francia situábase preto dos españois, que continuaban a liderar a proba a falta de 500 metros para o seu final.
Precisamente foron os padexeiros franceses quen aumentaron o ritmo no último cuarto da final B. O noiés e o seu compañeiro seguíronlles o ritmo, pero finalmente cederon o primeiro lugar entrando na meta a menos dun segundo dos locais. Horta pon o remate a súa actuación en París cunha segunda posición na final B, o que lle outorga un diploma olímpico, o segundo, logo de acadalo tamén nas Olimpíadas de Tokyo.