Cargando resultados...
Os traballos de limpeza en Valencia refórzanse esta fin de semana con milleiros de voluntarios
A Generalitat valenciana coordinou o envío de 2.800 persoas aos diferentes concellos que o precisan para cubrir as necesidades
Na última semana mobilizaron máis de 15.000 voluntarios
G24.gal
09/11/2024 20:17
A loita contra o barro e o entullo continúa en moitos puntos da provincia de Valencia.
Os labores de limpeza e o repartimento de auga e comida refórzanse esta fin de semana coa chegada de milleiros de voluntarios de toda España ás zonas afectadas.
A Generalitat valenciana coordinou o envío de 2.800 persoas aos diferentes concellos que o precisan para cubrir as necesidades durante este sábado e o domingo.
Na última semana xa mobilizaron máis de 15.000 voluntarios, que foron repartidos entre os distintos municipios afectados.
