Publicador de contidos

Publicador de contidos

Paro e manifestación pola morte dun traballador na estaleiro Armon de Vigo

Paro e manifestación pola morte dun traballador na estaleiro Armon de Vigo

A manifestación saíu do estaleiro Armon, onde se produciu o accidente, ás nove horas e acabará en Inspección de Traballo

G24.gal 21/09/2023 08:44

O sector do naval está convocado a un paro e unha manifestación tras a morte, nun accidente laboral, dun traballador ao quedar atrapado por un guindastre.

A manifestación saíu do estaleiro Armon, onde se produciu o accidente, ás nove horas e acabará en Inspección de Traballo.

Os sindicatos aseguran que non teñen palabras para expresar a súa "repulsa por un novo accidente mortal que podería evitarse".

Solicitan, ademais, que "as administracións e a clase empresarial" poñan "fin a esta eiva" e pídenlles que "acheguen medios e recursos para que os traballadores desenvolvan a súa actividade en contornas seguras" e para que cambie o modelo de "precarización".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade