Publicador de contidos

Publicador de contidos

Portugal acaba coas peaxes en autovías, entre elas a A-28, que conecta con Galicia

Portugal acaba coas peaxes en autovías, entre elas a A-28, que conecta con Galicia

Desde este primeiro día do ano xa non haberá que pagar por circular pola vía que vai de Caminha ao Porto

G24.gal 01/01/2025 10:15

Portugal pon fin a partir deste mércores ás peaxes nalgunhas das súas autovías, entre elas a que conecta con Galicia, como a A-28 entre O Porto e Caminha, máis da A-22 entre o Algarve e Huelva, ou a A-25 entre Beira Litoral e Alta ata Salamanca.

A medida foi aprobada o pasado mes de maio polo Parlamento portugués e aplícase a algunhas das antigas SCUT, siglas en portugués de autoestradas sen custo para os usuarios.

As antigas SCUT que cubran traxectos para os que non existen vías alternativas que permitan un paso seguro e de calidade deixarán de esixir pago para poder usarse.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade