Publicador de contidos

Publicador de contidos

Reacción insuficiente do Breogán no Martín Carpena (86-77)

Reacción insuficiente do Breogán no Martín Carpena (86-77)

Logo dun mal terceiro cuarto, os lugueses puxéronse a 5 no último

O colíder estivo máis atinado ao final para asegurar a vitoria

Foto: EFE
G24.gal 28/12/2024 20:47

O Breogán formulou un partido de igual a igual no Carpena ante un dos equipos máis físicos e intensos da Liga. O primeiro cuarto resultou equilibrado con Hillard e Nakic entoados e cun bo Breogán, ordenado. No segundo, Unicaja abriu brecha ata os nove puntos -con Tyson Pérez e Osetowski importantes, pero os galegos rápido souberon reaccionar para deixar o partido a tres no descanso cunha última bandexa de Grant. 43-40.

O problema veu a volta porque aí foi cando se notou a profundidade da rotación andaluza. Unicaja mantivo o nivel e o Breogán foi baixando. A diferenza marchou ata os 14 cun estelar Jonathan Barreiro. E, ademais, os lucenses toparon coa eliminación de Grant por dúas antideportivas.

Así que o quedou no cuarto final foi a heroica, que o Breo buscou no sprint final da man de Mavra. Deulle para poñerse a cinco a falta de dous e medio. Pero aí apareceron Perry e Osetowski pra devolver o encontro o rego dos locais. 86-77 final, nove arriba Unicaja.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade