Seis mortos tras saltar un camión un control da Garda Civil en Sevilla
Os falecidos son dous gardas civís que participaban nun control habitual contra o narco e catro civís procedentes de Cádiz que estaban parados no punto
O operativo formaba parte do Plan de Seguridade do Campo de Xibraltar
O transportista deu negativo en alcol e drogas e está investigado por seis delitos de homicidio por imprudencia e tres de lesións graves
Tráfico apunta á somnolencia ou a outra distracción como a causa principal
A Garda Civil detivo o condutor do camión que esta madrugada levou por diante un control de tráfico na autoestrada AP4 (Sevilla-Cádiz), á altura do termo municipal de Los Palacios, nun sinistro en que morreron seis persoas, dúas delas gardas civís. Outros tres axentes resultaron feridos de gravidade.
O atropelo, que segundo as primeiras pescudas non parece intencionado, causou a morte de dous axentes do Grupo de Acción Rápida (GAR) de Vitoria, o cabo primeiro Eneko Lira Gómez, de 36 anos e natural de Barakaldo (Biscaia), e o garda civil Juan Jesús López Álvarez, de 34 e natural de El Ejido (Almería). Xunto cos seus compañeiros feridos, estaban en comisión de servizo para o operativo contra o narcotráfico dentro do Plan de Seguridade do Campo de Xibraltar.
Dos tres feridos de gravidade, dous deles foron trasladados con fracturas ao Hospital Valme de Sevilla e un terceiro, moi grave, ao Hospital Virgen del Rocío da capital andaluza.
A Garda Civil expresou, a través da súa conta na rede social X, o seu "adeus dolorido" ás 6 persoas que faleceron no sinistro.
Un adiós dolorido a las 6 personas que han perdido la vida en un siniestro vial grave ocurrido esta madrugada en Los Palacios #Sevilla, entre ellos el cabo 1º Eneko y el guardia civil Juan Jesús, pertenecientes al #GAR, que prestaban servicio en un dispositivo de verificación… pic.twitter.com/wrEfuw7XIT
— Guardia Civil (@guardiacivil) March 19, 2024
O Concello de El Ejido (Almería) decretou un día de loito e un minuto de silencio en recordo do garda civil Juanje López e trasladou o seu "pésame e máis sentidas condolencias á familia" do axente.
Os catro civís falecidos, que procedían da zona de Cádiz, estaban dentro de tres turismos particulares que se atopaban nese momento parados no control, segundo explicou aos xornalistas o comandante en xefe do subsector de Tráfico da Garda Civil de Sevilla, Rafael Jiménez.
O transportista deu negativo en alcol e drogas e está investigado por seis delitos de homicidio por imprudencia e tres de lesións graves
As causas do sinistro parecen, en principio, accidentais. Ao parecer, o condutor do camión, ao recibir sinais dos axentes, manobrou bruscamente desviándose cara á beiravía levando por diante os tres primeiros vehículos oficiais do GAR e tres turismos civís que estaban dentro do dispositivo.
O condutor do vehículo que causou o atropelo e que foi detido, é un español de 59 anos sen antecedentes penais que deu negativo nas probas de alcol e drogas. Conducía un camión articulado con remolque e transportaba tomates. Facía o traxecto desde Alxeciras á localidade xienense de Guarromán. Está investigado por seis delitos de homicidio por imprudencia e tres de lesións graves por imprudencia. Ía acompañado por outra persoa e ambos os dous resultaron ilesos.
📢⚫️En #Sevilla, por #accidente, cortada la AP-4, en Los Palacios y Villafranca, hacia Sevilla capital.
— Dir. Gral. Tráfico (@DGTes) March 19, 2024
➡️Vehículo accidentado en el km 24.
➡️Desvío debidamente señalizado en la AP-4, en el km 45 (Las Cabezas de San Juan) pic.twitter.com/mI3Ln4kz44

Tráfico apunta á somnolencia ou a outra distracción como a causa principal
Mentres se investigan as causas, a Dirección Xeral de Tráfico tamén descarta en principio que o atropelo fose intencionado e apunta á somnolencia ou a outra distracción como a causa principal.
Tras chocar o camión contra os vehículos, quedou en paralelo á autoestrada e a cabeza tractora en perpendicular, segundo detallou o comandante Jiménez. Os especialistas da Garda Civil descargaron o tacógrafo e estudan a que velocidade o camión embestiu o punto de control.
No lugar interviñeron efectivos de Garda Civil de Tráfico, Bombeiros da Deputación e efectivos médicos coordinados polo Centro de Emerxencias Sanitarias 061, que desprazou ao lugar unha UVI, un equipo médico de Los Palacios e outro de Utrera, entre outros recursos.

Pésames de Sánchez e Feijóo
Nunha mensaxe na rede social X, o xefe do Executivo solidarízase coas familias dos falecidos e expresa os seus desexos dunha pronta recuperación para os feridos, tres deles de gravidade, neste "tráxico accidente".
Quiero trasladar todo mi cariño y solidaridad a las familias de las personas fallecidas, dos de ellas guardias civiles, en un control en carreteras de la @guardiacivil en la provincia de Sevilla.
— Pedro Sánchez (@sanchezcastejon) March 19, 2024
Mis deseos de una pronta recuperación para los heridos en este trágico accidente.O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, tamén lamentou a morte de seis persoas nos Palacios: "Seis perdas irreparables, entre elas dous axentes da Garda Civil que perderon a vida en acto de servizo".
"Todo o meu ánimo a familias e compañeiros, e o desexo de recuperación aos feridos", escribiu Feijóo.
Tenemos que lamentar la muerte de seis personas en Los Palacios.
— Alberto Núñez Feijóo (@NunezFeijoo) March 19, 2024
Seis pérdidas irreparables, entre ellas, dos agentes de la @guardiacivil que han perdido la vida en acto de servicio.
Todo mi ánimo a familias y compañeros, y el deseo de recuperación a los heridos. https://t.co/aNqI2V3KeySindicatos da Garda Civil insisten en ser declarados profesión de risco
O accidente reabre unha demanda recorrente entre os membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado: "A declaración de profesión de risco. A pesar de todas estas circunstancias, ao que estamos expostos... o Goberno aínda non se dignou a mellorar as nosas retribucións na xubilación e a darnos acceso a unha xubilación anticipada", explica Diego Madrazo, secretario provincial da AUGC na Coruña.
O subdelegado do Goberno en Sevilla confirma que o control era por narcotráfico e di que dobraba os efectivos mínimos esixidos. "Formaban o control máis do dobre do que o protocolo esixe como mínimo nun control deste tipo: 17 efectivos".
O consenso é unánime nas condolencias polo accidente que volve vestir de loito a Garda Civil, que nas redes sociais lles dá "un adeus dorido" ás seis persoas que perderon a vida.