Cargando resultados...
Un accidente de tráfico deixa un morto e un ferido en Guntín
O sinistro produciuse por unha saída de vía

G24.gal
15/07/2022 16:30
Última actualización 15/07/2022 18:39
Un accidente de tráfico rexistrado a primeira hora desta tarde de venres en Guntín deixou un falecido e un ferido grave, segundo informa o 112 Galicia.
🔴 #AXEGAInforma dunha persoa falecida e outra ferida de consideración no concello de #Guntín tras saír da vía co seu vehículo.
— 112Galicia (@112Galicia) July 15, 2022
Ao lugar acudiron os sanitarios, que tan só puideron confirmar o seu falecemento.
Tamén se informou: #BombeirosChantada, #GESMonterros e @guardiacivil. pic.twitter.com/nn8sGTWaOA
Segundo aclaran os servizos de emerxencia que acudiron ao lugar o sinistro produciuse por unha saída de vía.
Os sanitarios certificaron a morte alí mesmo, mentres trasladaban ao Hospital Lucus Agusti o ferido en estado grave.