Cargando resultados...
Un ataque israelí contra unha escola en Gaza deixa polo menos 22 vítimas mortais
Entre as persoas falecidas hai trece menores e seis mulleres

G24.gal
21/09/2024 15:04
Polo menos 22 persoas, entre eles trece nenos e seis mulleres, morreron este sábado no bombardeo israelí contra un complexo escolar na cidade de Gaza, que segundo o Exército hebreo usaba Hamas.
Hai tamén preto dunha trintena de persoas feridas e desaparecidas entre os entullos, tras o impacto de dous mísiles F16 contra un edificio escolar de tres pisos no barrio de Al Zeitun.
Segundo detallaron fontes locais a EFE, trátase dun complexo escolar que contén tres escolas da axencia da ONU para os refuxiados palestinos (UNRWA) na cidade de Gaza.