Un coche cae sobre o tellado dun alboio tras unha saída da vía en Miño
No aparatoso accidente non houbo feridos e os seus ocupantes abandonaron o lugar do sinistro
Un turismo precipitouse sobre un alpendre dos apartamentos turísitcos Sol e Mar de Miño contra as 4:00 horas da madrugada deste domingo tras saír da vía. Non se rexistraron feridos no aparatoso accidente.
O vehículo quedou tras caer apoiado no lateral do lado do condutor sobre a estrutura do cuberto, que sufriu danos tanto no tellado como no interior. O espazo cumpre a funci´n de almacén de ferramentas.
O suceso produciuse na rúa Hermo e tanto o condutor como os posibles pasaxeiros do turismo non resultaron feridos e abandonaron o lugar, conforme informou o Consorcio provincial contraincendios e salvamento da Coruña.
Os Bombeiros de Betanzos desprazáronse ao lugar para asegurar a zona e o vehículo e comprobar a estrutura do alboio danado.
