Cargando resultados...
Un coche da policía atropela tres persoas en Madrid nunha saída de vía
Os feridos son un bebé e dúas mulleres, que tiveron que ser hospitalizados
Os axentes acudían á chamada doutra patrulla para facer unha detención
G24.gal
08/09/2024 22:39
Última actualización 08/09/2024 22:58
Un coche da Policía Nacional atropelou en Madrid varias persoas, entre elas un bebé, ao marchar fóra da estrada e invadir a beirarrúa. O cativo sufriu un golpe na cabeza. Tamén quedou ferida a nai e mais outra muller.
Os axentes acudían como reforzo á chamada doutra patrulla para deter un home que participara nunha agresión. O condutor perdeu o control do vehículo ao esquivar outro e foi entón cando se produciu o accidente.
Tres das vítimas tiveron que ser trasladadas ao hospital mentres que outras tres foron atendidas no lugar por crises de ansiedade.