Cargando resultados...
Un coche impacta contra unha terraza ateigada de xente en Miño sen causar feridos graves
Por causas que se descoñecen, o condutor perdeu o control do vehículo e bateu contra o panel de cristal da terraza
G24.gal
09/08/2024 15:04
Un coche impactou de cheo contra a terraza dun bar de Miño este mediodía. Por sorte, non houbo feridos graves.
Por causas que se descoñecen, o vehículo esnafrouse contra o panel de cristal que separa as mesas da terraza da vía de circulación.
Dúas persoas teñen algunhas rabuñaduras e foron trasladadas a un centro sanitario para seren atendidas.