Cargando resultados...
Traballan menos tempo os fumadores que saen botar os cigarros?
Un estudo di que quen sae fumar en horario laboral traballa trinta minutos menos
G24.gal
22/03/2023 14:40
Botemos contas... Canto tempo tarda un fumador en consumir un cigarro? Cinco minutos?
E se sumamos estas paradas, no caso dun traballador cunha xornada de oito horas?
Un estudo que acaba de publicarse ten o dato. E di que con todas estas pausas traballan media hora menos ao día que o resto de compañeiros non fumadores.
Pero unha sentenza recente do Supremo avala que a empresa obrigue os traballadores a fichar cada vez que fan unha parada para saír fumar.
"Antes non había necesidade de controlar todas as pausas... e agora si", apunta un avogado.