Cargando resultados...
Falece un motorista de 37 anos tras bater contra un taxi en Vilagarcía
A vítima era un repartidor de comida a domicilio

G24.gal
06/01/2025 22:33
Accidente de tráfico mortal en Vilagarcía de Arousa. A vítima é un home de 37 anos. O accidente foi na estrada nacional, na coñecida como recta de Rubiáns.
Bateron un taxi e un ciclomotor. Parece que o choque produciuse cando o taxista quería acceder á gasolineira, manobra para a que tiña que atravesar o carril contrario.
Como consecuencia do impacto, faleceu o condutor do ciclomotor, un repartidor de comida a domicilio. O condutor taxi resultou ferido e foi trasladado ao Hospital do Salnés con prognóstico reservado.