Cargando resultados...
Falece un home mentres cortaba leña en Chandrexa de Queixa
Ocorreu ao mediodía no lugar de Forcadas

G24.gal
15/04/2023 12:46
Un home faleceu mentres cortaba leña para uso privado no lugar de Forcadas, no concello de Chandrexa de Queixa. As forzas de seguridade traballan para esclarecer o acontecido.
Segundo informa o 112, ata o lugar desprazáronse axentes da Garda Civil, voluntariado de Protección Civil, persoal sanitario e do Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Castro Caldelas.
🔴 #AXEGAInforma dun home que resultou falecido cando estaba a cortar leña para uso privado no lugar de Forcadas, en #ChandrexadeQueixa.
— 112Galicia (@112Galicia) April 15, 2023
As forzas da orde traballan para aclarar o acontecido.
Interveñen: sanitarios, #GESCastroCaldelas, @guardiacivil e #AVPCChandrexadeQueixa. pic.twitter.com/TF55TdDqTt