Cargando resultados...
Un incendio nunha casa da zona vella da Guarda fai saltar as alarmas
A vivenda está abandonada, pero as lapas poderían estenderse dende ela a outras casas

G24.gal
22/03/2024 17:25
Última actualización 22/03/2024 19:41
Un incendio declarouse na tarde deste venres nunha casa abandonada na zona vella da Guarda. O inmoble está no número 7 da rúa do Muro.
Por sorte, a casa está abandonada e non había persoas no seu interior.
Pero o interior do edificio é de madeira e o lume adquiriu gran virulencia.
Por iso se temía que puidera estenderse a outras vivendas da zona.
Para evitar danos persoais, recomendouse a veciños dun edificio anexo non entrar á súa vivenda.
O lume provocou unha gran columna de fume visible en todo o municipio.
Na extinción traballaron os bombeiros de Vigo e do Porriño.
