Cargando resultados...
Un morto e dous feridos nun choque entre un turismo e unha furgoneta no Vicedo
O sinistro ocorreu á altura de San Román por causas que se descoñecen
Un dos ocupantes da furgoneta está ferido grave

G24.gal
03/06/2024 19:27
Última actualización 03/06/2024 21:24
Un home morreu ao chocar o seu vehículo cunha furgoneta no Vicedo.
O suceso ocorreu arredor das cinco e media da tarde á altura de San Román.
O falecido tiña 66 anos.
Os dous ocupantes da furgoneta resultaron feridos. Un deles tivo que ser liberado e trasladado en helicóptero ao hospital.
Polo de agora descoñécense as causas do sinistro.