Cargando resultados...
Un mozo falece na Coruña ao caer ao mar na zona das Amorosas
Segundo declarou un amigo que acompañaba a vítima, caeu á auga dende as rochas
Imaxe do Helimer de Salvamento Marítimo
G24.gal
02/03/2024 09:17
Última actualización 02/03/2024 09:32
Un mozo duns 20 anos faleceu tras caer ao mar na zona das Amorosas. Salvamento Marítimo solicitaba contra as oito e media do serán asistencia sanitaria ao 112 por un rescate que realizaron entre a Domus e o Aquarium.
Foi a tripulación do Helimer de Salvamento Marítimo quen conseguía sacar o corpo da auga e trasladalo a terra. O falecido ía cun amigo, que declarou que a vítima caeu ao mar desde as rochas.