Cargando resultados...
Un pesqueiro galego á valga no Gran Sol con danos eléctricos por un golpe de mar
A tripulación non sufriu dano ningún
Outro barco galego remólcao cara a un porto irlandés

G24.gal
31/10/2021 13:39
O pesqueiro galego Armaven Tres que faena no Gran Sol sufriu esta noite unha avaría causada polo mal tempo que o deixou á valga. A tripulación non sufriu dano ningún, segundo confirmou o armador este domingo.
Un golpe de mar escachou os cristais da ponte e danou o sistema electrónico do barco vigués, que se mantén en perfectas condicións de seguridade.
Outro buque galego, o Piedras, estao remolcando agora cara ao porto irlandés de Castletown onde avaliarán os danos.
A tripulación permanece a bordo.