Unha exhibición de triplas condena o Leyma Coruña contra o Bilbao no Coliseum (79-100)
Rubén Domínguez, con 8 triplas, desesperou os locais
O equipo coruñés queda unha vitoria por detrás dun rival directo
Un xogador que levaba anotados 22 puntos en todo o campionato, Rubén Domínguez, logrou facer 35 no coliseo coruñés cunha serie de oito triplas de 10 intentos, triplas desde tódalas posicións e mesmo en momentos decisivos do choque e sobre a bucina.
E iso que os de Diego Epifanio comezaron ben o encontro, dominando o xogo interior, pero cun volume de perdas de balón imposible de soportar para poder competir na segunda metade, ata 15 balóns non chegaron ao seu destinatario.
Neses primeiros 20 minutos nos que os locais xogaron ben con pequenos, o encontro estaba aberto.
Pero xa no tempo de lecer os de Jaume Ponsarnau collían 5 puntos de vantaxe: 33 a 38.
Foi entón cando apareceron os pulsos de Abdur Rajmán, con 4 de 4 lanzamentos desde a liña de tres en moi poucos minutos, Rajman acabou cun 60 por cento nos lanzamentos de tres, e sobre todo a de Rubén Domínguez, que pechou a mellor actuación da súa carreira con 34 de valoración opositando a xogador máis valioso desta xornada. Máximo anotador individual na historia do conxunto vasco.
No Leyma Brandon Taylor, 18 puntos, empezou ben, pero pouco a pouco foi perdendo o tintimán do choque no que tamén destacaron polo bando coruñés Lundkuist e Huskich.
Os galegos gañaron o primeiro cuarto, perderon o segundo e empataron o terceiro, pero no decisivo a diferenza foi de máis 16 para os biscaíños, que suman o seu quinto triunfo en 13 xornadas. Resultado: 79 a 100 para os visitantes.