Cargando resultados...
Unha persoa resulta ferida ao chocar dous coches en Melón
O sinistro ocorreu pouco antes das cinco da tarde na estrada nacional 120

G24.gal
20/04/2023 17:24
Última actualización 20/04/2023 18:05
En Melón, unha persoa resultou ferida ao chocar dous coches na estrada N-120.
O accidente ocorreu pouco antes das 5 da tarde deste xoves.
Foi un particular o que alertou os servizos de emerxencia.
Ata o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Melón, GES de Ribadavia e Bombeiros do Carballiño.