Contido coa etiqueta .
Fútbol

Hermoso di que Rubiales non a respectou: "Estaba a bicarme o meu xefe, e iso non debe ocorrer"
03/02/2025 12:18
A preguntas da tenenta fiscal da Audiencia Nacional, Marta Durántez, Hermoso asegurou que Rubiales manchou "un dos días máis felices" da súa vida
Rubiales, que se enfronta a unha petición de dous anos e medio de prisión, sentará no banco xunto ao exdirector deportivo da selección masculina Albert Luque, o exadestrador da feminina Jorge Vilda e o antigo responsable de márketing da RFEF Rubén Rivera, acusados de coaccionaren a xogadora para que xustificase o bico
A tenenta fiscal da Audiencia Nacional Marta Durántez destaca que a conduta de Rubiales foi "sorprendente e sen consentimento nin aceptación" da internacional, e incide na "situación de acoso" á que foi sometida despois para que "xustificase e aprobase" o bico

Pontevedra, centrada co seu equipo na Copa do Rei
15/01/2025 14:14
Algún retardado aínda mercaba esta mañá un dos poucos billetes que quedaban, porque ninguén quere perder esta cita histórica
Desde primeira hora os locais de hostalaría prepáranse para recibir na previa milleiros de afeccionados

Ángel Villar, procesado por corrupción e prexuízo de 4,5 millóns en contratos coa RFEF
14/01/2025 11:16
Os feitos producíronse entre 2007 e 2017 e destacan varios partidos amigables da selección cos que beneficiaría o seu fillo
Están investigadas tamén outras sete persoas, entre eles o exvicepresidente da RFEF Juan Padrón

Tres 'boixos nois' aceptan ata 3 anos de cárcere por unha malleira a un seguidor do Raio Vallecano
13/01/2025 16:22
Estes ultras do Barcelona agrediron un membro dos Bukaneros en 2018 sen ningún tipo de discusión previa
Ningún dos tres entrará en prisión sempre que non volvan delinquir, paguen o que falta da indemnización e fagan un curso de igualdade de trato e non discriminación

Exhibición de Mella na goleada do Dépor ao Castellón (5-1)
19/12/2024 23:49
A contundente vitoria en Riazor sen Lucas permite os coruñeses achegarse ao playoff de ascenso

Agriden o avó dun árbitro nun partido de balonmán cadete en Sanxenxo
16/12/2024 13:16
O pai dunha xogadora empurrou o home, que quedou ferido de gravidade tras caer e golpear a cabeza contra o chan
A Xunta de Galicia convocou de urxencia a Comisión Galega de Control da Violencia co obxectivo de depurar responsabilidades

Esgotados na Coruña os cromos da colección da Segunda División do fútbol español
02/12/2024 20:58
En moitos quioscos da cidade esgotáronse xa nos primeiros días

O estadio de Riazor pasa o exame da FIFA para ser sede do Mundial 2030
30/11/2024 14:17
Acadou un 3,4 sobre cinco, a nota máis baixa entre todos os candidatos, pero por riba do aprobado

Hugo Álvarez, tras renovar co Celta ata 2028: "Na miña cabeza só estaba seguir aquí"
28/11/2024 16:38
"Se é por min, estaría vinculado ao Celta toda a miña vida", asegurou o canteirán

Cristian Herrera: "Estamos traballando para encontrar a regularidade"
20/11/2024 13:37
O dianteiro foi titular no partido fronte ao Almería
O Deportivo busca afastarse dos postos de descenso o antes posible

Deteñen polo menos 62 persoas en Ámsterdam en choques entre manifestantes e seareiros israelís
08/11/2024 10:34
Os enfrontamentos sucedéronse antes e despois do partido que enfrontaba o Ajax e o Maccabi
Ámsterdam cualifica de "inaceptable" a "explosión de violencia contra seareiros israelís"

Expulsado do Poio o xogador que agrediu o delegado do Cotobade nun partido de Terceira Futgal
05/11/2024 15:57
A liorta comezou cando unha aficionada entrou no campo e o seu marido deu unha labazada ao porteiro suplente do CED Cotobade
Ambos os dous equipos condenaron uns actos violentos que cualificaron de intolerables

Douvikas devolve a alegría a Balaídos (1-0)
04/11/2024 20:05
O Celta gaña pola mínima ao Xetafe cun tanto do grego no minuto 7
Na segunda parte o equipo visitante quedou con dez e o equipo galego fallou unha chea de oportunidades para aumentar a conta
Os de Giráldez rompen unha xeira de tres partidos sen lograr a vitoria na casa

19/10/2024 19:37
Os montañeiros Martín Zabaleta e Pasang Temba, membros da primeira expedición de Euskadi que alcanzou a cima do Everest en 1980, realizaron o saque de honra no partido en San Mamés entre o Athlétic Club e o RCD Espanyol
Na retransmisión televisiva non se ofreceron as imaxes

O comité de apelación da RFEF mantén a sanción a Ilaix Moriba
18/10/2024 11:18
A baixa de Ilaix Moriba, expulsado no partido ante As Palmas, únese á xa coñecida de Iago Aspas, que tamén deberá cumprir un partido de sanción ante o Real Madrid.

As ligas europeas denuncian a FIFA ante Bruxelas pola saturación nos calendarios
14/10/2024 15:21
Javier Tebas cuestionou que a FIFA e a UEFA "fagan un uso adecuado dunha posición que o TJUE recoñeceu como un monopolio

En liberdade os ultras do Dépor detidos antes do partido co Málaga
07/10/2024 13:23
Ambos os dous están a ser investigados por un delito de resistencia e desobediencia ás forzas de seguridade

Cristóbal Parralo: "Volver a Riazor sempre é especial"
31/08/2024 17:30
O adestrador do Rácing de Ferrol valorou como chegan os equipos ao derbi
O ex do Dépor loou o xogo dos seus rivais, malia a que levan cero puntos

Claudio Giráldez: "Estase vendo que xogue quen xogue o nivel é parello"
31/08/2024 17:00
O adestrador do Celta analizou o equipo de cara ao partido contra Osasuna
Fixo valoración do mercado e falou por primeira vez de Marcos Alonso

As marchas de Unai e de Kevin abren a porta a Marcos Alonso
28/08/2024 15:55
O central volve ao Athletic nunha cesión con opción a compra non obrigatoria
O canteirán rescinde contrato e marcha ao Spórting de Xixón, onde firma por dous anos

O Deportivo anuncia a chegada de Charlie Patiño
26/08/2024 19:28
A perla inglesa deixa o Arsenal e chega á cidade herculina para xogar no equipo ao que animaba de pequeno os próximos catro anos
O mediocentro é neto de galegos, pero naceu e criouse en Inglaterra

Chiki e o Rácing, con fame de vitorias
22/08/2024 15:28
O dianteiro madrileño falou da fame do equipo e das boas sensacións que deixou a remonta
Valora moito o acerto a balón parado e a mentalidade do cadro de xogadores

Manu Vallejo reforza o ataque racinguista
20/08/2024 19:14
O gaditano chega libre despois de rescindir o seu contrato co Xirona
Na tempada pasada, estivo cedido no Zaragoza, co que marcou dous goles

Paciência e o Celta separan os seus camiños
19/08/2024 21:28
O dianteiro portugués desvincúlase do club e convértese en axente libre
Marcou tres goles en máis de 800 minutos vestindo a celeste

Ilaix Moriba ábrese ao celtismo
12/08/2024 20:15
O mediocentro fala da súa paixón polo fútbol e de que o motiva no día a día
Tamén trata temas como a súa familia, e desvela cal é o seu prato preferido

O Dépor ficha a Helton Leite para a portaría
12/08/2024 19:19
O brasileiro chega de dúas tempadas no Antalyaspor, da liga turca
Ten ampla experiencia en Brasil e en Portugal, co Boavista e co Benfica

Mella e a sub-19, a un paso do olimpo europeo
26/07/2024 09:23
A selección española gañoulle a Italia e xogará a final contra Francia, rival co que empatou na fase de grupos
O do Dépor entrou no minuto 55 nun encontro que foi ata a prórroga

Manu Sánchez marcha cedido ao Alavés
23/07/2024 11:01
O lateral madrileño estará en Áraba unha tempada, ata xuño de 2025
Suplirá as baixas de Rubén Duarte e de Javi López, que deixaron o club babazorro

Accións de condena contra a liorta no partido Vilalbés B-San Ciprián
11/06/2024 13:59
O primeiro equipo de Vilalba suspende a festa de fin de tempada e os organismos oficiais pertinentes abren expediente sancionador

Comisan 11 toneladas de camisetas falsas para a final da Champions e a Eurocopa
31/05/2024 11:15
A policía localizou, nuns 15 camións, 46.000 obxectos falsificados cun valor de mercado aproximado de seis millóns de euros

A cidade da Coruña preparada, para celebrar o posible ascenso do Dépor
10/05/2024 15:05

A xuíza bloquea a conta de Piqué onde recibe pagos pola Supercopa
23/04/2024 18:26
A medida pretende asegurar eventuais responsabilidades civís no procedemento

Luis Rubiales irá a xuízo polo bico a Jenni Hermoso
22/04/2024 10:50
A Audiencia Nacional rexeita os recursos dos investigados e confirma os indicios da comisión de delitos contra a liberdade sexual e coaccións

Un bar de Lugo derrota a Liga de Fútbol Profesional, que o denunciara por piratear partidos
18/04/2024 14:09
A xustiza considerou probado que non houbo nin lucro nin mala fe por parte da denunciada

O Goberno di que actuará con rigor para devolver a normalidade á Federación de Fútbol
16/04/2024 10:14
O Consello Superior de Deportes requirirá máis información á Federación para determinar se existen indicios da comisión doutras posibles infraccións por parte de Pedro Rocha e dos membros da comisión xestora

Dous anos de sanción para un dos agresores do partido de veteranos de Meicende
22/02/2024 10:03
Outros catro implicados foron sancionados con varios partidos de suspensión

Batalla campal nun partido de veteranos en Meicende
19/02/2024 14:30
Un xogador acabou coa mandíbula rota
Os implicados poderían ser sancionados ata tres meses

A xustiza europea dá a razón á Superliga fronte á UEFA e a FIFA
21/12/2023 11:18
A máxima instancia administrativa da UE sinalou que a UEFA e a FIFA abusaron de "posición dominante"
O ditame agrega que "as normas que atribúen á FIFA e á UEFA un control exclusivo sobre a explotación comercial dos dereitos derivados destas competicións poden restrinxir a competencia

Nápoles-Barça, PSG-R. Sociedade, Inter-Atlético e Leipzig-R. Madrid, oitavos da Champions
18/12/2023 12:27
Os catro equipos españois xogarán os partidos de volta na casa
As outras eliminatorias son as seguintes: Porto-Arsenal, PSV-Borussia Dortmund, Lazio-Bayern de Múnic e Copenhage-Manchester City